CONCURSO DE ESCAPARATES DE NADAL

REQUISITOS DOS ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos
comerciais situados na localidade de Xove independentemente do produto
que oferten ao público.

A documentación a presentar será a seguinte:

-Folla de inscrición establecida ao efecto
A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada antes
das 14:00 horas do día 9 de decembro. No suposto de que un comercio teña
varios establecementos, poderá presentar tantas Follas de Inscrición como
escaparates opten ao concurso.

NORMAS DO CONCURSO

O tema ha de gardar relación co Nadal. Os establecementos
participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo.
Os escaparates deberán estar preparados o día 9 de decembro ás
24:00 horas. Os establecementos enviarán unha única fotografía do escaparate ao seguinte enderezo: aedl@xove.es antes das 24:00 horas do día 9 de decembro. Se a persoa propietaria do establecemento cre necesario enviar máis dunha foto para a correcta visualización do seu escaparate deberá
mandar todas as fotos en forma de collage. Os escaparates deberán estar
suficientemente iluminados e en condicións de tal xeito que permitan ser
vistos polo público durante toda a campaña de Nadal. Caso de non enviarse fotografía considerarase que o establecemento non participa no concurso.

Print Friendly, PDF & Email