LIMPADOR/A PARA O CONCELLO DE XOVE

Se tes interese en coñecer máis datos ou inscribirte no proceso de selección desta praza, mira inmediatamente a información publicada polo Concello de Xove

MÁIS INFORMACIÓN

  • OBXECTO DA CONVOCATORIA. O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar o proceso selectivo para a provisión con carácter temporal mediante o concurso-oposición de unha praza de limpadora de carácter temporal durante catro meses que se xustifica na acumulación de tarefas existente por atoparse en periodos vacacionais o persoal adscrito ao servizo de limpeza.
  • CARACTERÍSTICAS DA PRAZA. GRUPO: AP NIVEL C.D.: 10 NÚM. DE PRAZAS TEMPORAIS: 1
  • DENOMINACIÓN: LIMPADORA DE INSTALACIÓNS MUNICIPAIS
  • XORNADA DE TRABALLO: Xornada parcial (24 horas semanais de luns a sábado). Horario de tarde de luns a venres e de mañá os sábados
  • DURACIÓN DO CONTRATO: Ata o 31-12-2021
  • COMETIDO FUNCIONAL: O cometido funcional será o sinalado na vixente Relación de Postos de Traballo ou, no seu caso, disposición que a substitúa. Asemade, a persoa ocupante realizará as funcións que lle sexan atribuídas por calquera outra norma ou polo correspondente superior xerárquico.
  • RETRIBUCIÓNS: As retribucións a percibir serán as corresponden á praza consonte ao establecido nos art. 23 e seguintes do vixente Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Xove .
Print Friendly, PDF & Email