CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS FORESTAIS MÁIS PARA O CONCELLO DE XOVE (SUBVENCIONADOS POLA XUNTA DE GALICIA)


DURACIÓN DO CONTRATO: 9 meses a xornada completa, con data de inicio neste mes de xullo.

Que debo facer para acceder á selección destas prazas?.

  1. Inmediatamente debes anotarte na Oficina Pública de Emprego (OPE) como peón forestal ou asegurarte que xa o estás e que todos os teus datos están correctos.
  2. Despois, no caso de resultar preseleccionado/a a OPE enviarache un mail informándote e desde o Concello de Xove, chamarante para indicarche o día e hora da selección e tamén onde podes consultar as bases da mesma.
  3. Ademais, deberías ir reunido toda a documentación necesaria e puntuable para a selección, tales como son: DNI (ou documento equivalente); Certificado de escolaridade (ou titulación equivalente ou superior); Cursos de formación relacionados co posto de emprego; Contratos laborais ou Certificados de Empresa xustificativas da experiencia relacionada coas tarefas de peón forestal
  4. Debes estar atento ou atenta á publicación das bases da selección para coñecer as súas características. En breve, publicaranse na páxina do Concello: http://xove.es/
Print Friendly, PDF & Email