Continúa en Xove a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique


Aínda se pode ver na Praza do Concello a exposición ‘Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista’, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello de Xove. A mostra ofrece unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono, canda intres da vida cotiá, a través das fotografías realizadas polo reporteiro Adrián Irago, que viaxou á zona como gañador do certame Imaxes con Fondo III.

Algunhas persoas que viron a exposición, transmitíronnos as seguintes reflexións:

“Alégrame saber que o meu Concello participa nestes proxectos de cooperación”

“Sorprendeume saber que moitas mulleres son atacadas por crocodilos, e mesmo perden a vida, por ir a coller auga ao río para abastecer á súa familia”

“É moi importante amosarlle á xente a onde van os cartos, e non só pedilos”

Print Friendly, PDF & Email