PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL (PEM). Aberto o prazo para solicitar o pago correspondente ao ano 2020

  • Se es unha empresa con persoal de Xove contratado e subvencionado polo PEM
  • Se es unha persoa autónoma subvencionada polo PEM

Debes saber que está aberto o prazo ata o 15 de marzo de 2021 para solicitar o cobro da subvención correspondente ao ano 2020

PROCECEMENTO PARA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA: PROCEDEMENTO PEM – LIBRAMENTO

A.- LIBRAMENTO CONTRATACIÓN:

1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS- CONTRATACIÓN-LIBRAMENTO: ANEXO I, II e III

2.- Ler, cubrir e asinar os anexos descargados

3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:

  • Copia das transferencias bancarias das nóminas aboadas á persoa traballadora ou certificación bancaria acreditativa do seu pago dos meses polos que se solicita o pago da subvención
  • Modelo da Seguridade Social: RNT (Relación Nominal de Traballdores) de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
  • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumplimento das obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
  • Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma

B.- LIBRAMENTO AUTOEMPREGO:

1.- Descargar no enlace: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en ENLACES DE INTERESE-PLAN EMPLEO 2021- BASES E ANEXOS-AUTOEMPREGO-LIBRAMENTO: ANEXO I e II

2.- LER, cubrir e asinar os anexos descargados

3.- PRESENTAR TELEMÁTICAMENTE: No enlace anterior: https://xove.sedelectronica.gal/info.0 en CATÁLOGO DE TRÁMITES-INSTANCIA XERAL, deberá cubrir esa instancia e presentala, achegando os anexos mencionados, así como a seguinte documentación:

  • Recibos de pago de Seguridade Social de todos os meses dos que se solicita o pago da subvención
  • Certificado acreditativo de estar ao corrente no cumprimentodas súas obrigas tributarias (AEAT e ATRIGA) e coa SeguridadeSocial)
  • Certificación expedida pola entidade bancaria na que conste o número de conta e titular da mesma

Print Friendly, PDF & Email