ESCAPARATE DE XOVE

ESCAPARATE DE XOVE é unha plataforma que unirá todas as empresas e profesionais do municipio, amosando os seus produtos e servizos e actuando coma un centro comercial unificado.

Onte no Salón de Actos tivo lugar unha reunión de traballo presentada polo Alcalde José Demetrio Salgueiro Rapa e na que Ruth Paz, directora técnica da empresa PROCAT explicou as caracteristas, funcións, utilidades e a forma na que rexistrarse na plataforma.

ESCAPARATE DE XOVE nace para potenciar os puntos fortes do empresariado de Xove, aproveitando a súa unión e capacidade de organización, o apio do Concello e as posibilidades que ofrece a dixitalización.

ESCAPARATE DE XOVE ten como obxectivos:

  • Amosar á clientela as vantaxes do consumo local que ofrece o noso empresariado
  • Impulsar as relacións comerciais entre as empresas e coa clientela incrementando a súa presenza na Internet
  • Facilitar unha canle de comunicación para a oferta e a demanda de emprego
  • Atraer a novas iniciativas empresariais

TODAS AS EMPRESAS E PROFESIONAIS DO MUNICIPIO poden formar parte desta plataforma, para obter máis información deben poñerse en contacto con Rosa Lage, a axente de emprego e desenvolvemento local do Concello de Xove.

O próximo día 20 de outubro estará en funcionamento e desvelaremos todo o seu contido

Print Friendly, PDF & Email