Formación gratuíta en prevención de riscos laborais

Código: CV20030

Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 2 de setembro de 2020.

Persoas beneficiarias: Poderán participar nesta actividade formativa os/as empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento.

Modalidade: teleformación.

Duración: 60 horas edición.

Edicións: tres.

Datas: do 22 de setembro ao 20 de novembro de 2020.

Proba final en liña: o día 20 de novembro ás 10.00 horas.

Prazas: 75 por edición.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email