VI PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN

VI PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN: ABERTA A CONVOCATORIA ATA O 31 DE XULLO

VI PREMIOS GALICIA ALIMENTACIÓN: ABERTA A CONVOCATORIA ATA O 31 DE XULLOA Xunta colabora co Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) na sexta edición dos Premios Galicia Alimentación, que convoca por sexto ano consecutivo esta asociación empresarial co obxectivo de recoñecer e visibilizar as accións de emprendemento, cooperación, innovación, sustentabilidade, márketing e internacionalización neste sector industrial. 

O certame contempla tres categorías:  Premio ao produto innovador, caracterizado pola súa innovación, potencial comercial, deseño, posibilidade de agregar valor e adaptación ás demandas do consumidor.  Premio ao proxecto empresarial ou institucional, que se caracterice pola súa innovación na organización, produción e/ou modelo de negocio, é dicir polo avance cara a Industria 4.0, o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible e o carácter emprendedor, entre outros criterios.  Premio á estratexia de mercado e internacionalización, que valorará a innovación na estratexia de internacionalización, a evolución e dinamismo e o desenvolvemento do seu plan de márketing. Ademais destas tres categorías, o xurado poderá outorgar, en caso de concorrencia, un premio extraordinario á proxección do sector alimentario e bebidas

O prazo de presentación de solicitudes, a través da web de Clusaga, finaliza o 31 de xullo ás 14 horas

Máis información
Print Friendly, PDF & Email