REACTIVA SERVIZOS SEGUROS

AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS PRINCIPALMENTE DO SECTOR SERVICIOS E TURISMO PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NA CLIENTELA

PUBLICARASE EN BREVE E PREVESE QUE TEÑA AS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS (pero esta información é susceptible de cambios):

CONCESIÓN POR ORDE DE ENTRADA

BENEFICIARIAS: Pequenas empresas de menos de 50 persoas traballadoras e con actividade no: sector servizos, turismo, comercio, formación . . .

REQUISITO PREVIO: Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, que debes facer agora mesmo AQUÍ, trátase dun cuestionario moi sinxelo, e ter este paso realizado, ademais de ser moi útil para ti, serve para que cando se publique a subvención, podas solicitala inmediatamente. RECORDA QUE A CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN É POR ORDE DE ENTRADA.

GASTOS SUBVENCIONABLES: (Entran os gastos efectuados desde o 15 de marzo ata a data indicada na resolución.)

  1. Medidas de protección do persoal e da clientela no establecemento: pantallas, vinilos, dispositivos,…
  2. Adaptación do establecemento comercial para a redución do contacto da clientela con soportes susceptibles de contaxio: portas de autoapertura, sistemas de autopago, dispositivos,…
  3. Adquisición de medios de protección para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, mascarillas para o persoal do establecemento, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos,…
  4. Instalación de equipos de desinfección.
  5. Contratación de servizos para reforzar a limpeza dos locais e realizar desinfeccións de forma periódica.
  6. Cartelaría e puntos de informacións sobre as medidas e normas hixiénicas implementadas no establecemento,…
  7. Calquera outra actuación que contribúa a protexer a saúde das persoas empresarias, empregadas e clientes fronte ao Covid-19.

Intensidade da axuda
1º) Pequenas empresas ( < 50 traballadores)

  • Intensidade da axuda 80% (mínimo 1.200€ – máximo 3.000€)
  • Proxecto apoiable: mínimo 1.500€ – máximo 3.750 €
  • Anticipo do 50% do importe da axuda sen garantías concedido automaticamente coa resolución positiva sen máis trámite.

2º) Microempresas ( < 10 traballadores) sector turismo:

  • Intensidade da axuda 100%
  • Proxecto apoiable: mínimo 300€ – máximo 1.200 €
  • Anticipo do 50% do importe da axuda sen garantías concedido automaticamente coa resolución positiva sen máis trámite.

IMPORTANTE: Para solicitar a axuda, debes rexistrarte previamente na Oficina Virtual do IGAPE, AQUÍ

A tramitación será telemática.

MÁIS INFORMACIÓN: Rosa Lage; 982592001/ aedl@xove.es

Print Friendly, PDF & Email