PROGRAMA COMERCIO SEGURO

AXUDAS AOS PROXECTOS DOS COMERCIOS (E OUTRAS ACTIVIDADES RELACIONADAS) PARA CONTRIBUÍR Á REACTIVACION DO COMERCIO GALEGO GARANTINDO A SEGURIDADE LABORAL E A XERACIÓN DE CONFIANZA NA CLIENTELA

PUBLICARASE EN BREVE E PREVESE QUE TEÑA AS SEGUINTES CARACTERÍSTICAS (pero está información é susceptible de cambios):

CONCESIÓN POR ORDE DE ENTRADA

BENEFICIARIAS: Microempresas e persoas autónomas que empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial.

REQUISITO PREVIO: Autodiagnóstico efectuado coa ferramenta ComercioSeguroGalicia, que debes facer agora mesmo AQUÍ, trátase dun cuestionario moi sinxelo, e ter este paso realizado, ademais de ser moi útil para ti, serve para que cando se publique a subvención, podas solicitala canto antes. RECORDA QUE A CONCESIÓN DA SUBVENCIÓN É POR ORDE DE ENTRADA.

GASTOS SUBVENCIONABLES: (Entran os gastos efectuados desde o 15 de marzo)

  1. Medidas de protección do persoal e da clientela no establecemento: pantallas, vinilos, dispositivos,…
  2. Adaptación do establecemento comercial para a redución do contacto da clientela con soportes susceptibles de contaxio: portas de autoapertura, sistemas de autopago, dispositivos,…
  3. Adquisición de equipos de protección individual para comerciantes e clientes: máscaras protectoras individuais, mascarillas para o persoal do establecemento, luvas, calzas, dispensadores automáticos de xeles hidroalcólicos,…
  4. Instalación de equipos de desinfección.
  5. Adquisición de equipos ou realización de obras que permitan a renovación, limpeza e ventilación do aire do establecemento
  6. Cartelaría e puntos de informacións sobre as medidas e normas hixiénicas implementadas no establecemento,…

Intensidade da axuda 100%
Proxecto apoiables: mínimo 300€ – máximo 1.200 €
Anticipo do 50% do importe da axuda sen garantías concedido automaticamente coa resolución positiva sen máis trámite

IMPORTANTE: Para solicitar a axuda, debes rexistrarte previamente na Oficina Virtual do IGAPE, AQUÍ

A tramitación será telemática.

MÁIS INFORMACIÓN: Rosa Lage; 982592001/ aedl@xove.es

Print Friendly, PDF & Email