Axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución das clases B e C


En prazo:  01/06/2020 – 31/07/2020

Requisitos

Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:

a) Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.

b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/os permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email