OBTENCIÓN CELGA

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

En prazo:  28/05/2020 – 16/06/2020

Obxecto

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2020.

Datas de realización das probas .

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar nos meses de setembro e/ou outubro de 2020. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis .

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

A quen vai dirixido?

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email