INFORMACIÓN DE INTERESE PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

As persoas desempregadas que desexen anotarse na Oficina de Emprego de Burela (Xove pertence á oficina de Burela) deben solicitalo no seguinte enderezo aportando os seus datos persoais: oficina.emprego.burela@xunta.gal

Aquelas persoas ás que lles tocaba renovación da tarxeta de demandante de emprego, están exentas de facelo ata o 30 de xuño, xa que quedan automaticamente prorrogadas.

Se alguén necesita información relacionada co apoio a persoas desempregadas do Concello de Xove, pode porse en contacto nos seguintes números: 982592001 e/ou 608555197 (Rosa Lage)


Print Friendly, PDF & Email