MEDIDAS DE CHOQUE PARA COMERCIO E PERSOAS AUTÓNOMAS – SEMINARIO WEB

Desde a Consellería de Economía, Emprego e Industria, convidanao sector a participar no seminario web para profesionais do comercio e autónomos que organiza a Xunta de Galicia co obxectivo de darlle a coñecer, de primeira man, as principais medidas de choque e resolver as dúbidas ou consultas que poidan xerar.

Neste encontro específico para o sector da provincia de Lugo contaráse coa presenza das seguintes persoas relatoras:

·       D. José Manuel Balseiro, delegado territorial da Xunta en Lugo

·       D. Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria

·       Dª Sol María Vázquez, directora xeral de Comercio e Consumo.

·       D. Juan Cividanes, Director Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE)

Dito webinar realizarase o mañá martes 26 de maio, ás 18.00 h (seis da tarte), a través da plataforma institucional para videoconferencias da Xunta, Cisco Webex.

Print Friendly, PDF & Email