Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da comunidade autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Obxecto

O obxecto é establecer o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas (código do procedemento administrativo: IF500A). Defínense no presente procedemento a tipoloxía de eventos autorizables e os criterios xerais que regularán a autorización da celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se van desenvolver nos portos suxeitos á xestión da entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Enténdese por espectáculos públicos as representacións, exhibicións, actuacións, proxeccións, competicións ou audicións de concorrencia pública, de carácter artístico, cultural, deportivo ou análogo.

Enténdese por actividades recreativas aquelas que ofrecen ao público, espectadores ou participantes, actividades, produtos ou servizos con fins de ocio, recreo ou entretemento.

A quen vai dirixido?

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas, e non será posible a súa presentación por parte de persoas físicas.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email