PL600A – Cursos de lingua galega preparatorios das probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

Convocatoria 2020

en plazo

En prazo:  30/01/2020 – 19/02/2020

Obxecto

Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, con código de procedemento administrativo PL600A.

Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 2, 3 e 4).

Duración

Con carácter xeral, cada curso terá unha duración de 70 horas lectivas. Nos cursos presenciais, estas distribuiranse en sesións de dúas horas e media, agás as excepcións reflectidas no anexo II (programación de cursos Celga presenciais). No caso de concorrer unha festividade local, recuperaranse as horas ao longo do curso.

A quen vai dirixido?

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email