Queres conseguir unha cualificación profesional pola túa experiencia laboral?

O Diario Oficial de Galicia (DOG n.º 226) publica o 27 de novembro unha nova
convocatoria para acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase
de 1.800 novas prazas e un total de 11 cualificacións.
Como novidade este ano inclúense dúas cualificacións: Instrución en ioga e Vixilancia
e seguridade privada.
As 11 cualificacións son as seguintes:

  • Atención sociosanitaria persoas no domicilio: 300 prazas
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas
  • Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas
  • Extinción de incendios e salvamento: 150 prazas
  • Servizos para o control de pragas: 75 prazas
  • Docencia da formación para o emprego: 100 prazas
  • Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias
    no medio natural e rural: 150 prazas
  • Confección de artes e aparellos: 75 prazas
  • Instrucción en ioga: 150 prazas
  • Vixilancia e seguridade privada: 150 prazas
    O prazo de inscrición é dende o día 28 de novembro ata o día 27 de decembro de 2019,
    ambos incluídos.
    Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía,
    Emprego e Industria, no portal de Emprego: https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-deinterese/
    c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.htm l
    Teléfono: 981546840
Print Friendly, PDF & Email