“Obradoiro de Emprego  SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE VI”.

A Xunta de Galicia aprobou unha subvención para poñer en marcha o “Obradoiro de Emprego  SENDAS DE BURELA, CERVO E XOVE VI”.

OBXECTIVO:

Aprender traballando unha profesión para obter unha cualificación profesional que favoreza a posterior inserción laboral no mercado de traballo.

DURACIÓN:

9 meses

ESPECIALIDADES:

 

BURELA: OPERACIÓNS AUXILIARES EN REVESTIMENTOS CONTÍNUOS EN CONSTRUCCIÓN. REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS. (EOCB0109) 7 persoas alumnas traballadoras
CERVO: ACTIVIDADES AUXILIARES  EN VIVEIROS, XARDÍNS,…/ ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (XARDINARÍA) (AGAO108/AGAR0309) 6 persoas alumnas traballadoras
XOVE: ACTIVIDADES AUXILIARES  EN VIVEIROS, XARDÍNS,…/ ACTIVIDADES AUXILIARES EN CONSERVACIÓN E MELLORA DE MONTES (XARDINARÍA) (AGAO108/AGAR0309) 7 persoas alumnas traballadoras

 

AS PERSOAS INTERESADAS DEBEN:

Anotarse, canto antes, na súa Oficina Pública de Emprego indicando o seu interese en formar parte do proceso de selección.

REQUISITOS DO ALUMNADO-TRABALLADOR:

  1. Para a selección do alumnado-traballador, o grupo de traballo mixto determinará o perfil das persoas candidatas, os baremos e probas que poidan aplicarse, se é o caso, e os requisitos mínimos que aquelas deben cumprir, con suxeición ao previsto nos parágrafos seguintes.
  2. En todo caso, a selección irá precedida da tramitación de oferta de emprego pola correspondente oficina de emprego, e esta deberá observar, como requisitos mínimos que deben cumprir as persoas candidatas preseleccionadas, os seguintes:
  3. a) Ter dezaoito ou máis anos de idade.
  4. b) Estar desempregadas, entendéndose nesta situación as persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, que carezan de ocupación remunerada e estean dispoñibles para o emprego.
  5. c) Cumprir os requisitos establecidos na normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, co obxecto de ter vinculación mediante un contrato de tales características ao obradoiro dual de emprego, desde a súa incorporación ao proxecto, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 desta orde.
  6. d) Cando a formación que se vai impartir no proxecto vaia dirixida á obtención de certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 2 ou 3, cumprir cos requisitos de acceso sinalados nos reais decretos que regulan os ditos certificados.
  7. Terán preferencia para participar nestes proxectos as persoas que, tendo prevista a realización deste tipo de medidas no seu itinerario de inserción profesional, teñan especiais dificultades de inserción no mercado de traballo, tales como os emigrantes retornados; as mulleres en xeral; as mulleres vítimas de violencia de xénero; as persoas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego; as persoas paradas de longa duración; as persoas maiores de corenta e cinco anos; as persoas que carecen de títulos universitarios e de FP de grao superior, excepto para os certificados de profesionalidade de nivel de cualificación 3 en que se require unha maior formación, xa que estes programas van dirixidos ás persoas que, con carácter xeral, carecen dunha cualificación profesional; as persoas con discapacidade, sempre que poidan realizar os traballos, e as persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia.
  8. O grupo de traballo mixto practicará a selección de entre as relacións de persoas desempregadas confeccionadas pola oficina de emprego que deberán conter, no posible, tres persoas candidatas por posto.
  9. O alumnado que se seleccione deberá manter o cumprimento dos requisitos de selección na data da súa incorporación ao proxecto.
Print Friendly, PDF & Email