CONSERVAS CURRICÁN RECIBE EN MADRID O 1º PREMIO DE EXCELENCIA Á INNOVACIÓN PARA MULLERES

 O MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN entregará en Madrid o próximo mércores 16 de outubro o primeiro premio da súa X Edición Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales 2019 na categoría:”Excelencia a la innovación en la actividad pesquera o acuícola” á empresa xovense CONSERVAS ARTESANAS CURRICÁN SL.
O Concello de Xove apoiou esta candidatura por tratarse dunha Iniciativa Local de Emprego do municipio aportando unha Carta de Respaldo do proxecto.

Para a concesión deste premio valoráronse, entre outros aspectos, os seguintes:
  • A diversificación e a valorización de recursos endóxenos
  • A innovación e a súa transferencia
  • Contribución á empregabilidade da poboación do medio rural
  • Contribución á inserción laboral das mulleres no medio rural
  • Contribución á presenza de mulleres nos órganos de decisión da explotación ou actividade económica, como titulares e xefas de explotación ou órganos directivos das empresas
  • Desenvolvemento de proxectos en municipios en risco de despoboación
  • Impacto socioeconómico do proxecto
Print Friendly, PDF & Email