Probas para a obtención do certificado de lingua galega: Niveis Celga 2 e Celga 4

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: Niveis Celga 2 e Celga 4.

Convocatoria 2019en plazoEn prazo:  11/09/2019 – 01/10/2019

Obxecto

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2 e 4, no ano 2019.

Datas de realización das probas .

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.

Localidades onde se van realizar as probas e niveis .

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Santiago de Compostela: NiveI Celga 2 e Celga 4

Ponferrada: NivieI Celga 2 e Celga 4

As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.

A quen vai dirixido?

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email