Convocatoria2019 En prazo: 26/03/2019 – 25/04/2019
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
26/03/2019 – 25/04/2019
Obxecto
Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2019.
Datas de realización das probas.
As probas dos distintos niveis Celga terán lugar no mes de xuño de 2019. As datas concretas serán debidamente publicitadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal), cun mínimo de 15 días naturais antes da data fixada para o primeiro exame.
Localidades onde se van realizar as probas e niveis.
As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.
As sedes e horarios de realización das probas publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal) xunto coas listaxes definitivas das persoas admitidas.