BASES SELECCIÓN PARA ACCEDER AO CURSO DE SOCORRISTA DO CONCELLO DE XOVE

DECRETO DE ALCALDÍA

 

JOSE DEMETRIO SALGUEIRO RAPA, Alcalde Presidente do Concello de Xove,

VISTO o expediente tramitado no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local relativo á Acción Formativa dirixida prioritariamente a persoas traballadoras desempregadas (Expediente AFD 2018/000041-2)  regulada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria mediante a Orde do 16 de marzo de 2018.

VISTO que, ao abeiro da Orde de referencia, por resolución da Xefatura Territorial en Lugo da devandita Consellería concedeuse ao Concello de Xove unha subvención por importe de 33.457,20 € para  o curso de formación profesional para o emprego 2018/001284 da especialidade AFDP0209-SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS.

VISTO que o Servizo Público de Emprego de Burela remitirá ao Concello de Xove un número de persoas candidatas (30) superior ás prazas de alumnado previstas para dito curso (15 máis 5 de reserva) sendo en consecuencia necesario establecerse aprobar unhas bases regulamentadoras da selección do alumnado.

Polo presente e no uso das competencias que en materia de persoal me outorga o art. 21.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, ACORDO:

PRIMEIRO.- Aprobar as bases, validadas pola Oficina de Emprego de Burela, que regulamentaran a selección do alumnado do curso de formación profesional para o emprego 2018/001284 da especialidade AFDP0209-SOCORRISMO EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS.

Todas as persoas candidatas deberán realizar na Piscina Municipal do Concello de Xove en data e hora que se publicará axeitadamente, unha proba de natación en estilo libre de 200 metros, eliminaranse as persoas que non consigan completar os 200 metros nadando de forma ininterrompida, así coma aquelas que empreguen máis de 6 minutos.

Unha vez realizada a proba, efectuarase unha listaxe cos tempos acadados por cada persoa, excluíndo as persoas eliminadas.

En aplicación do DECRETO LEXISLATIVO 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia (Artigo 50) en materia de igualdade reservarase un 50% das prazas para mulleres en cada unha das catro fases da selección.

As persoas referidas no artigo 28 da Orde do 16 de marzo de 2018 ao abeiro da que se impartirá previsiblemente este curso, terán preferencia no caso dun empate na proba.

No caso de sobraren prazas unha vez rematado todo o proceso, asignaranse ás persoas que empregaron máis de 6 minutos en realizar a proba, pero menos de 7 minutos e sempre coa prioridade establecida descrita.

A lista de alumnado admitido estará publicada o venres 28 de decembro a partires das 13:00 horas na cristaleira da entrada principal do Concello de Xove, así coma na súa páxina web: www.xove.es  e no blog: https://empregoxove.wordpress.com/

SEGUNDO.- Publíquese o presente acordo na páxina web municipal www.xove.es.

PREME AQUÍ PARA MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email