Convocatoria praza Auxiliar Administrativo para a OMIX

Por Resolución de Alcaldía de data 24/09/2016, foi aprobada a convocatoria de selección e provisión dunha praza de auxiliar administrativo ( Persoal Laboral Interino ) reflectido na RPT municipal co código 48, polo sistema de concurso-oposición.

A modalidade do contrato será de interinidade, en réxime de dedicación normal a tempo completo e a xornada de traballo será de 37,5 horas semanais de traballo efectivo de promedio en cómputo anual; distribuídas no horario de apertura do Centro de luns a sábado (ámbolos dous días incluídos) mañas e tardes.

Para formar parte nas probas de selección, será necesario reunir os seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española ou algunha outra que, de acordo ao disposto no art. 52 da Lei 2/2015, permita ó acceso ao emprego público.
  • Estar en posesión da titulación de Graduado en ESO ou asimilado, ou estar en condicións de obtela antes do remate do prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria.
  • Estar en posesión do CELGA 3 ou estar en condición de obtelo antes do remate do prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo que se fixará na preceptiva Convocatoria
  • Non ter sido despedido mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial.
  • No caso de nacionais doutros estados, non estar inhabilitado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público.

PREME PARA MÁIS INFORMACIÓN

Print Friendly, PDF & Email