CURSO DE SOCORRISMO ACUÁTICO EN ESPAZOS NATURAIS DO CONCELLO DE XOVE

Gustaríache facer o curso de socorrista en espazos acuáticos naturais?

O Concello de Xove ten previsto impartir este curso desde o 8 de xaneiro ata o 15 de maio.

Se tes interese en realizar este curso e estás en situación de desemprego, acude á Oficina Pública de Emprego de Burela e si estás traballando, acude á Aula de Formación do Concello o día da selección 27/12/2018 (previsiblemente será esta, confírmaa no Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local de Xove cando se estea achegando a data)

O día da selección farase unha proba práctica (nadar 200 metros en estilo libre) na Piscina Municipal de Xove para seleccionar as 15 persoas desempregadas que naden no menor tempo.

 

Print Friendly, PDF & Email