CONGRESO DE XOVES PERSOAS EMPRESARIAS EN XOVE

QUEN O ORGANIZA?

AJE Lugo  organiza este mes en Xove (Lugo) o Congreso de Jóvenes Empresarios de A Mariña para a promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial e a creación de emprego

CAL É O OBXECTIVO?

O obxectivo deste Congreso é presentar exemplos de emprendemento da zona de A Mariña, as súas ideas, como se levaron a cabo, a motivación e a superación ante as adversidades, podendo servir como exemplo, en moitos casos, á hora de incentivar e animar a potenciais emprendedores a materializar posibles ideas de negocio.

CANDO É?

Este acto que terá lugar o vindeiro día 27 de setembro de 2018 no Salón de Actos do Concello de Xove de 20:00 a 21:30 horas.

QUE DEBO FACER PARA ASISTIR?

Pregamos a confirmación da asistencia a través do teléfono 982 224 699 ou na seguinte dirección de correo electrónico: info@ajelugo.com

Print Friendly, PDF & Email